Presidente da República de Burundi Président de la République du Burundi | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Duración | 7 anos, renovable unha vez |
Creación | 28 de novembro de 1966 |
Primeiro titular | Michel Micombero |
Sitio web | http://www.presidence.gov.bi/ |
Este artigo lista os presidentes de Burundi dende a creación do cargo de presidente de Burundi en 1966 (tras o golpe de Estado de novembro), ao día presente.
Un total de oito persoas exerceron como presidente de Burundi (sen contar un presidente en funcións e un xefe de estado en rebelión). Ademais, unha persoa, Pierre Buyoya, ocupou o cargo en dúas ocasións non consecutivas.
O actual Presidente de Burundi é de xeito interino Pascal Nyabenda, dende a morte o 8 de xuño de 2020 do anterior presidente, Pierre Nkurunziza.